InicioOccidentalViveiroViveiro súmase á conmemoración do Día Europeo da Solidariedade entre xeracións

Viveiro súmase á conmemoración do Día Europeo da Solidariedade entre xeracións

Baixo o lema “Todos aprendemos, Todos ensinamos”, o obxectivo de celebrar este día, é permitir a inclusión e participación das persoas maiores para que brinden a súa contribución á sociedade actual e con iso contribuír a unha maior solidariedade interxeracional.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro a través da concellería de Benestar Social sumase á campaña que CONFEMAC, xunto ao Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, lanza hoxe, 29 de abril, para fomentar a comunicación entre as distintas xeracións.

O 29 de abril celébrase o Día Europeo da Solidariedade e a Cooperación entre Xeracións, unha data que se instaurou no ano 2009, grazas a organizacións como a Plataforma Europea de Persoas Maiores e o European Youth Forum. Unha data á que este Concello se suma en colaboración coa Confederación Estatal de Maiores Activos (CONFEMAC) e o Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.

Baixo o lema “Todos aprendemos, Todos ensinamos”, o obxectivo de celebrar este día, é permitir a inclusión e participación das persoas maiores para que brinden a súa contribución á sociedade actual e con iso contribuír a unha maior solidariedade interxeracional.

As relacións interxeracionais son máis que a unión de persoas de distintas idades, trátase dunha implicación real, na que as distintas xeracións comparten, aprenden e ensinan, co fin de xerar beneficio mutuo como cidadanía. Nas circunstancias actuais, necesítase máis que nunca a comunicación entre xeracións, que axuden a casar a experiencia co emprendemento para avanzar no futuro.

Esta celebración é a primeira de oito campañas que, baixo o lema “Persoas maiores, cos mesmos dereitos”, puxo en marcha CONFEMAC, xunto a concellos de todo o territorio nacional, para dar valor aos dereitos das persoas maiores, que aínda sendo iguais que o resto de idades, vulnéranse con maior frecuencia.

Co obxectivo de impulsar iniciativas neste eido, a concelleira de Benestar Social, Victoria Baamonde, explica que que se busca involucrar ao Grupo de Participación Xuvenil en actividades interxeracionais. Neste senso, proporase a implicación deste grupo de adolescentes con outras entidades para favorecer o intercambio de experiencias. Tamén se busca servir de modelo á rapazada do municipio, animando a que poñan en valor e apliquen iniciativas deste tipo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...