InicioOccidentalViveiroO BNG de Viveiro pide a intervención municipal na área recreativa de...

O BNG de Viveiro pide a intervención municipal na área recreativa de Portochao

O BNG considera que toda a área está en abandono e necesita de reparacións tanto en xogos como en cartelería.

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Viveiro sinala nunha nota que a zona infantil da área recreativa de Portochao está “nun estado lamentable e incluso perigoso para as crianzas que ali xogan e desfrutan“. Segundo a representante do grupo municipal, Miriam Bermúdez, “todos os xogos e instalacións están rotos e xa pasaron por varias reparacións deficientes”. Engade demais material como mesas e cartelería da zona “presentan un perigo con pezas rotas ou en moi mal estado, incluso con puntas oxidadas e soltas“.

A área recreativa, sinala o BNG de Viveiro, é utilizada tanto pola veciñanza da contorna como paseantes que veñen polo paseo fluvial do Landro. “Iso si, só no verán, pois o Goberno municipal decidiu darlle un uso estacional a este paseo” din os nacionalistas despois de teren presentado unha proposta para colocar unha malla. Segundo Miriam Bermúdez a resposta do consistorio viveirense foi “que hai outros lugares por onde pasear”.

Bermúdez engade tamén que “existen na contorna varios establecementos turísticos, esperando tamén a que o Goberno decida executar a área de autocaravanas proposta tamén polo BNG e aprobada en Pleno”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...