InicioOccidentalViveiroViveiro transmite á Xunta a necesidade de manter activo o Albergue de...

Viveiro transmite á Xunta a necesidade de manter activo o Albergue de Area durante todo o ano

O Albergue de Area foi obxecto dunha reforma integral, cunha actuación na que se incluíron melloras na fachada, cuberta e interior do inmoble.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o tenente de alcalde, Jesús Fernández, visitaron hoxe con Fabiola García, conselleira de Política Social, as obras de remodelación do Albergue de Area.

Quero agradecer a invitación da conselleira para visitar como quedaron as instalacións tras as obras levadas a cabo pola Xunta de Galicia”, asegura a alcaldesa.

O Albergue de Area foi obxecto dunha reforma integral, cunha actuación na que se incluíron melloras na fachada, cuberta e interior do inmoble.

“Concello e Xunta coincidimos na necesidade de darlle uso a estas instalacións ao longo de todo o ano; a conselleira manifestou que realizarán actividades fóra da tempada estival e amosou a súa disponibilidade a facilitar tamén o uso do albergue por parte do concello no caso de necesitalo”, engadiu Loureiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...