InicioOccidentalViveiroO PP de Viveiro sinala a necesidade de actuacións nas beirarrúas do...

O PP de Viveiro sinala a necesidade de actuacións nas beirarrúas do Pedregal e no Parque da Ínsua

Os populares sinalan que os veciños e veciñas das zonas afectadas "engaden outros puntos da parroquia nos que as vías están en moi mal estado, no Pedregal, calzada e beirarrúa e no Parque da Insua, un enclave turístico que está sen sinalizar".

Publicada o

- Advertisement -

O PP  de Viveiro sinala que a alcaldesa, María Loureiro, “non ten en conta o concepto de igualdade cando se trata de xestionar o concello” para que todos os veciños “vivan onde vivan teñan as mesmas oportunidades en canto ao acceso a infraestruturas e servizos”. Así, os concelleiros populares defenderán no pleno deste vindeiro martes unha iniciativa para mellorar calzadas e beirarrúas no barrio do Pedregal e nas Pallaregas.

Os populares lembran que no pleno de xullo do ano pasado presentaron un rogo no que denunciaban o mal estado das rúas na zona das Pallaregas e a falta de sinalización. “Como nada se fixo ao respecto, os veciños da parroquia de Covas seguen demandando o mantemento destas rúas” indican desde o PP viveirense.

Por outra parte, sinalan que os veciños e veciñas das zonas afectadas “engaden outros puntos da parroquia nos que as vías están en moi mal estado, no Pedregal, calzada e beirarrúa e no Parque da Insua, un enclave turístico que está sen sinalizar”.

INTERNET

O grupo municipal popular presenta tamén un rogo ao pleno para que o Concello faga as xestións necesarias para que os veciños do barrio de Escourido, en Covas, poidan ter acceso de calidade a Internet.

Os populares sinalan que “a posibilidade de acceder ou non a Internet ten tal relevancia nos nosos días que, por si mesma, pode marcar a diferenza entre prosperidade ou pobreza, coñecemento ou ignorancia”. Engaden que a veciñanza de escourido comunicou aos populares “as súas queixas e preocupacións polo deficiente servicio a internet que teñen, os que o teñen”.

O grupo que ten por portavoz a Óscar Rodríguez solicita ao equipo de goberno do Concello “que estude a maneira de mellorar ou dotar do servizo de Internet aos veciños do barrio de Escourido, lugar da parroquia de Covas”.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

ACISA Ribadeo suma case 30 novos asociados en 2023

Acisa Ribadeo suma case 30 novos negocios asociados neste ano 2023, cifra record de...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...