InicioOccidentalViveiroA parroquia de Galdo en Viveiro celebra esta fin de semana as...

A parroquia de Galdo en Viveiro celebra esta fin de semana as Maulas, feira de gando tradicional

As Maulas naceron hai 300 anos como unha feira franca ou libre, na que os veciños de Galdo vendían aparellos de labranza, gando, pan, viño, panos ou froita.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro organiza este fin de semana, días 7 e 8 de maio, coa colaboración de asociación de veciños de Galdo a tradicional Feira das Maulas, despois do parón obrigado pola pandemia do coronavirus.

A programación foi presentada este mércores pola alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, o tenente de alcalde, Jesús Fernández, e membros da Asociación de Veciños Camiño de Galdo.

As Maulas naceron hai 300 anos como unha feira franca ou libre, na que os veciños de Galdo vendían aparellos de labranza, gando, pan, viño, panos ou froita.

“Un motivo de ledicia recuperar esta celebración, a Feira das Maulas forma parte de algo inmaterial e intanxible, de algo imprescindible en parroquias como Galdo: o sentimento de pertenencia”, explicou Loureiro.

A programación deste fin de semana inclúe o documental ‘Maulas, 300 anos legalizadas’, de Paco Salgueiro, na antiga escola de Galdo. O domingo será o mercado popular e a feira de gando, volverán as carreiras de cabalos e a xornada rematará cunha verbena.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...