InicioOccidentalViveiroO BNG de Viveiro abre unha web de promoción “ante a ausencia...

O BNG de Viveiro abre unha web de promoción “ante a ausencia de políticas municipais neste eido”

Segundo a concelleira do Bloque viveirense sinalou “o Concello de Viveiro a pesares de teren dúas páxinas web, en ningunha se poden visualizar rutas ou algunha outra forma de motivación deportiva e de ocio”.

Publicada o

- Advertisement -

A web viveiroenruta.com, segundo o BNG de Viveiro, ponse en marcha “ante a gran demanda veciñal e a ausencia de políticas municipais neste eido, co obxectivo de facilitar rutinas e hábitos saudábeis así como de dar a coñecer a nosa envidiábel contorna natural”.

O obxectivo de viveiroenruta.com ten a “pretensión de ser un proxecto colaborativo que se nutra da participación veciñal, polo que calquera pode contribuir compartindo a súa ruta para que figure na web”, incidíu Míriam Bermúdez.

Bermúdez engadiu que con esta web “enriquecemos o abano de actividades en Viveiro contribuíndo de maneira real a desestacionalizar o turismo, potenciando as actividades de ocio ao ar libre e saudábeis”.

WEBS DO CONCELLO

“O Concello de Viveiro a pesares de teren dúas páxinas web en ningunha se poden visualizar rutas ou algunha outra forma de motivación deportiva e de ocio” afirmou Míriam Bermúdez.

A mesma Míriam Bermúdez sinalou que o BNG presentou “unha Moción para transformar a páxina web do Concello de Viveiro nun servizo público transparente e actualizado”. Tamén apuntou que o BNG levou outra moción en 2020 “para a sinalización e promoción dos rutas de sendeirismo, aprobada en pleno, mais tamén sen feitos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...