InicioOccidentalViveiroO plan de igualdade para persoal municipal de Viveiro segue adiante coa...

O plan de igualdade para persoal municipal de Viveiro segue adiante coa segunda xuntanza da Comisión Negociadora

A súa aprobación suporá dar cumprimento aos preceptos legais vixentes no que respecta ás obrigas de todas as administracións públicas.

Publicada o

- Advertisement -

No día de hoxe tivo lugar a segunda xuntanza da Comisión Negociadora do Plan de Igualdade para o persoal público do Concello de Viveiro.

Tras aprobar a constitución da comisión, procedeuse á aprobación do seu regulamento, para o que se tiveron en conta as modificacións propostas polos representantes sindicais. Con respecto ao Plan de Igualdade, acordouse que a partir deste momento cada sindicato remita as súas propostas para empezar a negociación do plan, de cara á convocatoria da seguinte reunión.

Co impulso e aprobación deste primeiro plan de igualdade, o Concello de Viveiro reforza o seu compromiso no traballo pola igualdade entre mulleres e homes en todos os ámbitos.

A súa aprobación suporá dar cumprimento aos preceptos legais vixentes no que respecta ás obrigas de todas as administracións públicas. Isto implica adoptar medidas dirixidas a evitar calquera tipo de discriminación por razóns de xénero e á elaboración dun plan no seo da organización.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...