InicioDeportesPresentado en Viveiro o IV Rallye da Mariña Lucense que se celebrará...

Presentado en Viveiro o IV Rallye da Mariña Lucense que se celebrará a fin de semana

“Desde xa hai moitos anos, en Viveiro apostamos polo deporte e por albergar probas que ademais nos permiten promocionar o atractivo natural e paisaxístico do noso concello e do conxunto da Mariña”, engadiu a alcaldesa María Loureiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro acolleu esta tarde a presentación do IV Rallye da Mariña Lucense, que se celebrará esta fin de semana (13, 14 e 15 de maio). Será a terceira proba do Campionato Galego de Rallyes de Asfalto 2022. A súa base estará no Concello de Viveiro e transcorrerá tamén por Muras, Ourol, O Vicedo, Xove e Cervo.

Na presentación desta tarde, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destacou que “é un pracer ser de novo a base e o centro neurálxico dos coches e pilotos participantes na proba”.

“Quero agradecer o traballo da Escudería Mix Rallye e do seu presidente, Ignacio José Davila Estévez, así como o apoio da Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia e os diferentes patrocinadores cos que conta o campionato galego de rallyes”, manifestou.

“Desde xa hai moitos anos, en Viveiro apostamos polo deporte e por albergar probas que ademais nos permiten promocionar o atractivo natural e paisaxístico do noso concello e do conxunto da Mariña”, engadiu a alcaldesa.

Este ano ademais como novidade do rallye vai haber unha cerimonia de saída desde a praza Maior de Viveiro, o venres a partir das 20.00 horas. Co obxectivo de que o motor chegue a todo o concello, nesta ocasión as verificacións se realizarán na explanada de Grallal, en Covas, e o parque pechado estará situado nas Lavandeiras, en Celeiro. En palabras de María Loureiro, “Viveiro demostrará outra vez esta fin de semana que é un concello acolledor e con moito que ofrecer aos que nos visitan”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...