IniciosociedadeOutras 20 vítimas das gravacións da Maruxaina acoden declarar en Viveiro

Outras 20 vítimas das gravacións da Maruxaina acoden declarar en Viveiro

Agardan que "se axilice o proceso".

Publicada o

- Advertisement -

Unha vintena de mulleres que foron vítimas de gravacións cando ouriñaban na rúa durante a festa da Maruxaina, no municipio de Cervo en 2019, e que mesmo foron subidas esas imaxes a páxinas porno, acudiron este venres ao xulgado de Viveiro a prestar declaración ante o xuíz instrutor.

A presidenta da Asociación de Mulleres en Igualdade de Burela, personada como acusación popular, María del Mar Fraga, confirmou que “máis ou menos” sobre vinte mulleres foron as citadas a declarar este venres.

Seguimos avanzando aos poucos. Esperamos que a partir de agora se axilice un pouco máis o proceso de declaración porque hai moitas mulleres que están a desexar contar ao xuíz o que lles ocorreu e quedar tranquilas. Isto prodúcelles tensión e canto antes pasen mellor”, desexou.

Fraga constatou que das cen mulleres vítimas das gravacións xa só queda “unha cuarta parte” para prestar declaración ante o xuíz de Viveiro que leva esta investigación. Tamén advertiu de que lle consta “que as mulleres que van declarar por videoconferencia e que viven fóra aínda non foron citadas”. “Pero visto a chamada a este grupo de mulleres isto pode indicar que a cousa se vai axilizar”, abundou.

A continuación, puntualizou que “non” teñen “ningunha noticia” sobre o sospeitoso ou os sospeitosos de gravar as ditas imaxes durante a tradicional festa no municipio de Cervo.

“LENTITUDE”

“Supoño que o proceso se leva a cabo e téntase que non transcenda o que están a investigar. A nós non nos chega información e entendémolo porque se ás veces che contan como vai a investigación pode resultar contraproducente. Entendemos que se proceda así”, subliñou. María del Mar Fraga finalmente queixouse da “lentitude” da Xustiza, tras tres anos e aínda en fase de toma de declaracións.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...