InicioEconomíaViveiro será a sede dos XI Premios Xoven empresariado e Mellor Iniciativa...

Viveiro será a sede dos XI Premios Xoven empresariado e Mellor Iniciativa Emprendedora de Galicia

“Un pracer formar parte do xurado e acoller aos seus participantes en Viveiro; o fomento das iniciativas emprendedoras entre os nosos mozos e mozas debe ser unha prioridade”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro será este venres, día 27 de maio, o escenario da gala de entrega dos XI Premios ao mellor Xoven Empresario/a e á mellor Iniciativa Emprendedora de Galicia.

Organizados pola Asociación de Xoves Empresarios de Galicia, a entrega de premios será o venres ás 19.30 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro. Haberá tamen accésits á Innovación, a Responsabilidade Social Empresarial e á Creación de Emprego.

“Un pracer formar parte do xurado e acoller aos seus participantes en Viveiro; o fomento das iniciativas emprendedoras entre os nosos mozos e mozas debe ser unha prioridade”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Xa na súa XI edición, estes premios son unha referencia para os mozos emprendedores/as de Galicia e contribúen coa súa realización á difusión da cultura emprendedora e o apoio ás novas xeracións empresariais, que son o futuro económico de Galicia.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...