InicioOccidentalViveiroConvocadas en Viveiro as novas axudas destinadas á mellora da eficiencia enerxética...

Convocadas en Viveiro as novas axudas destinadas á mellora da eficiencia enerxética en edificios

O importe das axudas variará en función do aforro enerxético conseguido con cada actuación.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa da convocatoria das axudas para actuacións de rehabilitación vinculadas a obras para a mellora da eficiencia enerxética. As axudas foron publicadas no Diario Oficial de Galicia o pasado 16 de maio, incluídas no programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio do Plan de recuperación, transformación e resilencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Este programa ten por obxecto o financiamento de obras ou actuacións nas que se obteña unha mellora acreditada da eficiencia enerxética, con especial atención á envolvente edificatoria nos edificios de tipoloxía residencial colectiva, incluíndo as súas vivendas, e nas vivendas unifamiliares.

O importe das axudas variará en función do aforro enerxético conseguido con cada actuación. Poderá alcanzar ata un 80% do custe da actuación, cun máximo de 18.800 euros por vivenda e 168 euros/m² de locais comerciais e outros usos.

Entre as actuacións subvencionables inclúense as realizadas en vivendas unifamiliares ou en edificios de tipoloxía residencial colectiva, incluíndo as súas vivendas (neste caso exixirase que, polo menos o 50% da súa superficie construída sobre rasante, excluída a planta baixa ou plantas inferiores se ten ou teñen outros usos compatibles, teña uso residencial de vivenda).

Nas actuacións subvencionables debe lograrse unha redución de, polo menos, un 30% no indicador de consumo de enerxía ormaria non renovable, referida á certificación enerxética, e, ademais, unha demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración de vivenda unifamiliar ou do edificio de, polo menos, un 35% se están situadas na provincia de Lugo.

O prazo de solicitude remata o día 30 de novembro de 2022. Para máis información e/ou tramitar as solicitudes da axuda, poden acudir á Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro (Praza Maior, 1) ou chamar ó teléfono 982562968.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...