InicioOccidentalViveiroRematadas as obras de renovación da travesía da Igrexa na área de...

Rematadas as obras de renovación da travesía da Igrexa na área de Covas en Viveiro

Doutra banda, o Concello de Viveiro realizou as xestións oportunas coa Igrexa para o uso duns espazo duns 50m2 para a ampliación do vial e a prestación de servizos para os veciños.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o tenente de alcalde, Jesús Fernández, visitaron hoxe as obras realizadas na travesía da Igrexa en Covas. Estes traballos de reposición da urbanización e mellora dos servizos urbanos existentes xa están rematados, polo que en breve se vai proceder á súa recepción.

O obxectivo desta actuación era repoñer a pavimentación do vial en toda a súa lonxitude e mellorar os servizos urbanos existentes, realizando unha reestruturación integral dos mesmos para garantir a súa funcionalidade.

Con este fin, procedeuse á reposición do antigo pavimento, formado por unha soleira de formigón, substituíndoo por outro con pedra en todo o frente da Igrexa. Ademais, realizouse a reposición da rede de pluviais e das escaleiras existentes, a canalización do alumeado público e a dotación de novas barandas.

Esta actuación, cun custe de 78.045 euros, inclúese dentro Plan Único de Cooperación cos Concellos 2021 da Deputación Provincial de Lugo. Unha vez finalizada esta obra, o Concello de Viveiro vai proceder a dotar a zona da Igrexa dunha nova iluminación.

Doutra banda, o Concello de Viveiro realizou as xestións oportunas coa Igrexa para o uso duns espazo duns 50m2 para a ampliación do vial e a prestación de servizos para os veciños.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...