Concello de Viveiro e Deputación de Lugo asinan un convenio para o acondicionamento do Centro Ocupacional de ASPANANE

“Deste xeito e grazas ao compromiso da Deputación, o Concello de Viveiro realizará nas naves do centro as obras necesarias para eliminar os problemas de filtracións existentes”, explica a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.


A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou hoxe un convenio de colaboración co Concello de Viveiro para a pavimentación e drenaxe dos exteriores do Centro Ocupacional de Aspanane (Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Viveiro).

Grazas ás xestións do Concello de Viveiro acometerase esta actuación, que terá un custe de preto de 50.000 euros, dos que a Deputación achega 44.242 euros, correspondendo o resto ao concello.

“Deste xeito e grazas ao compromiso da Deputación, o Concello de Viveiro realizará nas naves do centro as obras necesarias para eliminar os problemas de filtracións existentes”, explica a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

“O noso compromiso coa directiva e xerencia de Aspanane é absoluto, polo gran traballo que realizan e o seu esforzo diario”, engade.

“Continuamos por suposto coas xestións para conseguir crear a residencia de Aspanane, ben sexa na segunda planta do centro ou noutra ubicación”, remata a alcaldesa.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here