InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro pide á cidadanía que non depositen obxectos no...

O Concello de Viveiro pide á cidadanía que non depositen obxectos no exterior do Punto Limpo

Lémbrase que o punto limpo permanece aberto de luns a sábado, en horario de mañá e tarde.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro apela á responsabilidade e conciencia medioambiental para evitar o depósito de enseres no exterior do punto limpo.

Os luns é frecuente atopar gran cantidade de lixo depositado no exterior do punto limpo, polo que se apela á responsabilidade de todos para evitar este tipo de condutas.

Neste sentido, lémbrase que o punto limpo permanece aberto de luns a sábado, en horario de mañá e tarde. Ademais, préstase un servizo de recollida de enseres a domicilio, tamén gratuíto, para o que é preciso anotarse previamente chamando ao concello.

Dende o concello faise un chamamento público á veciñanza para que actúe con responsabilidade e deixen de sucederse, dunha vez por todas, esas actitudes incivícas e irrespetuosas co medio ambiente. Advírtese, ademais, de que o concello xa adoptou as medidas oportunas para identificar ás persoas responsables destes actos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...