InicioOccidentalViveiroViveiro valora como éxito a súa promoción dentro da Semana Verde de...

Viveiro valora como éxito a súa promoción dentro da Semana Verde de Silleda

A concelleira de Turismo, Marisol Rey Yáñez, o 1º tenente de alcaldesa, Jesús Fernández Fernández, xunto ao persoal da Oficina Municipal de Turismo, están este xoves na feira.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro está desde hoxe cun stand propio na Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, que se celebra en Silleda ata o domingo.

A concelleira de Turismo, Marisol Rey Yáñez, o 1º tenente de alcaldesa, Jesús Fernández Fernández, xunto ao persoal da Oficina Municipal de Turismo, están este xoves na feira.

“Mantivemos varios reunións con diferentes touroperadores europeos co fin de promocionar internacionalmente os recursos turísticos do Concello de Viveiro; hai moito interese no noso potencial paisaxístico, cultural e de natureza”, explica Rey.

Viveiro conta en Silleda cun stand individual no que ofrecerán folletos de promoción e información sobre o municipio. Ademais, instalouse unha gran pantalla na que se proxectan, de forma continuada, os vídeos de promoción turística deste municipio e da Semana Santa.

Ao longo das catro xornadas ofrecerase aos visitantes a posibilidade de probar o pan dos apóstoles, que é o doce típico de Viveiro durante a Semana Santa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...