InicioOccidentalViveiroCharla en Viveiro sobre o Camiño do Mar este sábado no Teatro...

Charla en Viveiro sobre o Camiño do Mar este sábado no Teatro Pastor Díaz

A charla, que leva por título “El Camino del Mar en Viveiro”, será impartida por Manuel Vicente González, presidente da Asociación de Amigos do Camiño del Mar, quen leva moitos anos realizando unha importante labor de investigación e recompilación de documentación sobre esta ruta de peregrinaxe.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro, a través da súa Concellaría de Turismo, organiza unha charla informativa sobre o Camiño do Mar. Esta actividade terá lugar o vindeiro sábado, 11 de xuño, ás 12:00 horas no Teatro Pastor Díaz.

A charla, que leva por título “El Camino del Mar en Viveiro”, será impartida por Manuel Vicente González, presidente da Asociación de Amigos do Camiño del Mar, quen leva moitos anos realizando unha importante labor de investigación e recompilación de documentación sobre esta ruta de peregrinaxe.

Manuel Vicente, como grande coñecedor da material, falará sobre o Camiño do Mar, facendo referencia a súa orixe, historia e percorrido, explicando, entre outras cuestións, a diferencia entre Camiño do Mar e Camiño Norte, dúas rutas distintas que adoitan confundirse.

A organización desta ponencia súmase ás moitas iniciativas desenvoltas polo Concello de Viveiro nos últimos anos para dar a coñecer e promocionar este ruta de peregrinaxe, co obxectivo de conseguir a súa oficialización, ao entender que esta declaración e o recoñecemento desta ruta suporía un novo recurso turístico e cultural para este concello.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...