O Concello de Viveiro colabora na organización da Foliada de Xunqueira para este sábado 11 de xuño

“Para o goberno municipal é unha honra poder colaborar coa tradición e con iniciativas como esta, que dan vida ao centro sociocultural, facilitando non só a loxística e o uso destas instalacións, senón tamén colaborando no desenvolvemento das actividades que se organizan”, afirma a alcaldesa, María Loureiro.


O Concello de Viveiro presenta a Foliada de Xunqueira, que terá lugar este sábado 11 de xuño no campo da festa.

O Concello de Viveiro colabora coa carpa e coa infraestrutura que isto supón para a celebración desta foliada que, dentro da Asociación de Veciños de Valdeflores de Xunqueira, organizan As Cantareiras de Val de Flores.

Como vén sendo habitual, o Concello de Viveiro colabora con este tipo de iniciativas culturais, nesta caso promovida por unha asociación cultural e de mulleres, que coa súa actividade dinamizan o barrio de Xunqueira.

“Para o goberno municipal é unha honra poder colaborar coa tradición e con iniciativas como esta, que dan vida ao centro sociocultural, facilitando non só a loxística e o uso destas instalacións, senón tamén colaborando no desenvolvemento das actividades que se organizan”, afirma a alcaldesa, María Loureiro.

A Foliada terá lugar no campo da festa de Xunqueira a partir das 18:00 horas e na programación inclúese a actuación de As Cantareiras de Val de Flores; Fol de Raxal; As Ferriñas; Os do 21; Amado Lar; Acordeonistas da Mariña; Amigos do Folk; ‘Espera que vou mexar’, e Os Carecos.

 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here