InicioOccidentalViveiroMaría Loureiro felicita aos equipos locais polos seus éxitos na tempada deportiva

María Loureiro felicita aos equipos locais polos seus éxitos na tempada deportiva

“Os éxitos deportivos dos nosos equipos son un orgullo para todo Viveiro. Dende o goberno local seguiremos apoiando ós deportistas locais, especialmente nas categorías de menores”, subliñou a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, recibiu na tarde de onte ao equipo de cadetes do Viveiro C.F. e aos cadetes do S.D. Viveiro na sala multiusos do Concello de Viveiro. A rexedora entregoulles un pequeno detalle aos equipos e aos xogadores polos éxitos obtidos na presente tempada.

Pola súa banda, os cadetes do Viveiro C.F. gañaron a Liga Galega da súa categoría, logrando así o ascenso á División de Honor. Doutra banda, os cadetes do S.D. Viveiro gañaron a Liga Provincial, conseguido así unha praza na Liga Galega para a vindeira tempada.

“Os éxitos deportivos dos nosos equipos son un orgullo para todo Viveiro. Dende o goberno local seguiremos apoiando ós deportistas locais, especialmente nas categorías de menores”, subliñou a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...