O PP de Viveiro pide iniciar os traballos de desbroce dos terreos arredor do Pazo de Malates

Os populares viveirenres sinalan "o estado de abandono no que se atopan os terreos que rodean o Pazo de Malates, en pleno casco histórico de Viveiro".


O PP de Viveiro acusa ao goberno local de desidia con ao coidado dalgúns entornos urbanos. Así, os populares viveirenres sinalan “o estado de abandono no que se atopan os terreos que rodean o Pazo de Malates, en pleno casco histórico de Viveiro”. Reclaman ao goberno local a adopción “das medidas necesarias para desbrozar e limpar ditos terreos. Para conseguir este obxectivo, os concelleiros do PP defenderán unha iniciativa no pleno”.

Os populares destacan que “dentro do centro histórico de Viveiro, na rúa Alonso Pérez, sitúase o Pazo de Malates, unha construción con capela que un escudo vincula a un rexedor de Viveiro no século XV”. O portavoz local do PP, Óscar Rodríguez, indica que “agora, do mesmo xeito que durante os últimos anos, as leiras que o rodean están sen coidar e o pazo presenta un grave estado de deterioro».

O PP sinala que existe malestar entre os veciños polo estado do pazo. “Malestar que ven dende o 2017, ano no que o Partido Popular de Viveiro xa reclamou a súa limpeza”. No PP din ao goberno local que “se non hai posibilidade de localización dos donos, a estas alturas o Concello xa tiña que ter actuado de oficio”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here