InicioOccidentalViveiroA Deputación mellorará o exterior do Centro Ocupacional de Viveiro

A Deputación mellorará o exterior do Centro Ocupacional de Viveiro

Publicada o

- Advertisement -

A institución provincial asinou un convenio de colaboración co concello de Viveiro para o financiamento das melloras do exterior do Centro Ocupacional deste municipio mariñense.

Mediante este convenio, a Deputación de Lugo achega ao concello de Viveiro 45.000 euros para o acondicionamento e drenaxe exterior do Centro Ocupacional xestionado por Aspanane, unha asociación que atende a 44 persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias.

Os 5.000 euros restantes para completar o orzamento necesario para as obras serán achegados polo concello lucense, de forma que o investimento ascende a unha contía total de 50.000 euros. As obras consistirán no acondicionamento do recinto exterior do centro, desde a ampliación da zona asfaltada ata a creación dunha “ampla” zona verde para conseguir “espazos agradables”. Ademais, o proxecto inclúe a realización dunha drenaxe perimetral do edificio para evitar filtracións de auga ao interior do inmoble.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...