InicioOccidentalViveiroNova edición do DéporCampus en Viveiro para que os nenos e nenas...

Nova edición do DéporCampus en Viveiro para que os nenos e nenas gocen co fútbol

O DéporCampus organizado polo RC Deportivo e o Viveiro SD, coa colaboración do Concello de Viveiro. O campus é para nenos de 6 a 14 anos e o prazo para inscribirse remata o 30 de xuño ás 12:00 horas.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro acolleu este pasado martes a presentación dunha nova edición do Déporcampus, que se celebrará do 4 ao 8 de xullo.

Na presentación participaron María Loureiro, alcaldesa de Viveiro; César Iglesias, concelleiro de Deportes; Francisco Vizoso Rojo, presidente do Viveiro SD, e Pablo Barros, do RC Deportivo, coordinador dos Déporcampus.

Está organizado polo RC Deportivo e o Viveiro SD, coa colaboración do Concello de Viveiro. O campus é para nenos de 6 a 14 anos e o prazo para inscribirse remata o 30 de xuño ás 12:00 horas.

“Debemos impulsar e colaborar con este tipo de iniciativas, que fomentan o deporte e impulsan a conciliación da vida familiar e laboral durante os meses de verán”, asegurou María Loureiro.

A inscrición realízase a través da página web oficial do RC Deportivo, no enlace http://deporcampus.rcdeportivo.es/

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...