IniciosociedadeA Deputación premia o compromiso co pequeno comercio co sorteo de 10.000...

A Deputación premia o compromiso co pequeno comercio co sorteo de 10.000 euros

Uns 700 negocios da Mariña Lucense participarán na campaña "Merca e gaña polo Nadal'

Publicada o

- Advertisement -

Uns 700 establecementos da Mariña Lucense participarán na campaña ‘Merca e gaña polo Nadal‘, que impulsan a Deputación e a Federación de Comercio de Lugo.

Os obxectivos da campaña, que contará co cancelo #nadalmercaegaña, son promocionar as compras nos pequenos negocios de carácter local e sensibilizar á cidadanía sobre a necesidade de apoiar o comercio de proximidade para fortalecer o tecido económico dos 67 concellos da provincia de Lugo.

Así, as persoas que merquen nos establecementos mariñaos desde xa ata o 6 de xaneiro participarán no sorteo de 40 premios por un valor total de 10.000 euros, que poderán reinvestir en novas compras no comercio local.

As persoas que merquen en calquera dos establecementos da provincia poderán beneficiarse do sorteo de 20 tarxetas regalo de 300 euros e outras 20 de 200 euros.

Os clientes deben fotografar o tícket da compra e rexistrala en www.nadalmercaegana.com ou solicitar o seu rexistro ao comerciante. O sorteo, ante notario, será o 11 de xaneiro.

O voceiro do goberno provincial, Álvaro Santos Ramos, destacou na presentación da campaña, celebrada en Viveiro, que “unhas 1.500 familias da Mariña Lucense viven do comercio local e teñen unha ferretería, unha mercería, unha zapatería, ou unha tenda de roupa que xeran emprego e dinamizan económica e socialmente a comarca”.

Santos Ramos lembrou que o Nadal é unha época vital para o comercio, posto que “supón entre o 25 e o 30% das vendas anuais”, e animou aos lucenses “a mercar e comprometerse deste xeito cos seus veciños, porque así gañaremos todos”.

RIADA

A alcaldesa de Viveiro, a socialista María Loureiro, abundou nesta idea ao recordar as consecuencias da riada que asulagou parte do casco histórico da cidade do Landro, e que provocou perdas aos negocios.

Algún profesional aínda non puido volver a abrir e outros fano agora. É máis necesario que nunca axudar aos nosos comerciantes”, espuxo a rexedora.

NOVAS TECNOLOXÍAS

Pola súa banda, José María Seijas, presidente do colectivo de comerciantes da provincia de Lugo, subliñou que “o obxectivo fundamental desta campaña é crear ambiente festivo e alegre propio destas datas fomentando as compras”.

Ademais apostamos por incentivar o uso das novas tecnoloxías, tanto por parte dos consumidores como dos comerciantes”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...