InicioOccidentalViveiroViveiro reivindica as mulleres surfistas na primeira xornada do proxecto 'O Deporte...

Viveiro reivindica as mulleres surfistas na primeira xornada do proxecto ‘O Deporte Non Ten Xénero’

“Con este tipo de iniciativas damos visibilidade ás mulleres deportistas, acurtando o camiño que nos queda por percorrer en materia de igualdade en eidos como o deporte, a cultura ou o mundo laboral”, sinala Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Muller e Cultura.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro comezou onte coa primeira cita do proxecto “O deporte non ten xénero”, unha iniciativa impulsada pola concellería de Muller en colaboración co Centro de Información á Muller. A proposta busca achegar ás mulleres a distintos deportes mediante charlas e clases deportivas gratuítas.

Esta primeira cita do programa centrouse no surf, de modo que na tarde de onte, a sala multiusos do Concello de Viveiro recibiu ás deportistas Claudia Prieto e Lucía Martínez. Ambas compartiron a súa exitosa experiencia neste deporte co público asistente.

Dende o Concello de Viveiro celébrase a alta asistencia ao encontro, que permitiu dar visibilidade a estas dúas rapazas cuxos éxitos reivindican o deporte feminino e o talento viveirense.

Como continuación da actividade, este 23 de xuño, 25 mulleres gozarán dunha clase de surf gratuíta. A sesión busca achegar este deporte ao público feminino.

“Con este tipo de iniciativas damos visibilidade ás mulleres deportistas, acurtando o camiño que nos queda por percorrer en materia de igualdade en eidos como o deporte, a cultura ou o mundo laboral”, sinala Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Muller e Cultura.”

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...