InicioCulturaA Mariña prepárase para recibir máis de 150.000 persoas co Resurrection Fest

A Mariña prepárase para recibir máis de 150.000 persoas co Resurrection Fest

Este festival, o máis grande das súas características de todo o Estado, arrincará o mércores 29 e prolongarase ata o domingo, 3 de xullo.

Publicada o

- Advertisement -

A Mariña lucense prepárase estes días para recibir ás máis de 150.000 persoas que se estima que pasarán polo Resurrection Fest de Viveiro, que volve ao seu formato habitual despois de dous anos afectado pola Pandemia.

Este festival, o máis grande das súas características de toda España, arrincará o mércores 29 e prolongarase ata o domingo, 3 de xullo, cun cartel composto por 120 bandas en catro escenarios.

Un dos promotores do evento, David Méndez, confesou que están “moi ilusionados” por esta edición, que ten “un cartel moi ambicioso” e contan con que sexa “a máis grande” da vida do festival.

Méndez calculou que “durante estes cinco días, pasarán sobre 150.000 persoas” polo festival, que ten entradas e abonos esgotados desde 2019, e, da programación, destacou a xira do cincuenta aniversario de Judas Priest, cumpridos en realidade hai dous anos.

Os organizadores traballan xa no “cartel do próximo ano, porque as contratacións empezan a un ano visto”. “O resto do equipo está centrado no festival deste ano”, conclúe David Méndez.

PRESENTACIÓN

Viveiro acolleu este luns a presentación oficial da 16 edición do Resurrection Fest, un acto no que participaron, entre outros, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o director da Agadic, Jacobo Sutil; o director de Patrocinios Musicais de Estrela Galicia, Víctor Martiñán; o CEO de Bring The Noise e director do festival, Iván Méndez e os deputados de Turismo, Promoción Económica e Econoía da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, Pablo Rivera Capón e Mayra García Bermúdez.

Durante a súa intervención no acto, Nava Castro destacou a relevancia desta cita, unha das máis importantes do Xacobeo 2021-2022, polo que animou aos seus responsables a solicitar para ela a declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia.

Ademais do patrocinio como cita destacada dos Concertos Xacobeo, o Resurrection Fest conta cunha achega adicional ao seu financiamento a través das subvencións a festivais de música que convoca cada ano a Xunta a través da Agadic. Así mesmo, a Deputación de Lugo aposta por esta iniciativa cunha axuda de 150.000 euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...