InicioOccidentalViveiroApoio do Concello de Viveiro ao persoal da fábrica de Albo mentres...

Apoio do Concello de Viveiro ao persoal da fábrica de Albo mentres demanda que a Xunta axude a amnter a actividade na planta

O goberno municipal considera que esta “é unha triste noticia, que se suma aos peches empresarias que veñen sucedéndose nos últimos anos, deixando a Viveiro nunha mala situación industrial, o cal, unha vez máis, vén dado pola carencia de infraestruturas que comuniquen este termo municipal co resto do territorio galego e nacional”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro quere manifestar publicamente o seu apoio ás e aos traballadores de Conservas Albo, tras o anuncio por parte da empresa do peche da factoría de Celeiro.

O goberno municipal considera que esta “é unha triste noticia, que se suma aos peches empresarias que veñen sucedéndose nos últimos anos, deixando a Viveiro nunha mala situación industrial, o cal, unha vez máis, vén dado pola carencia de infraestruturas que comuniquen este termo municipal co resto do territorio galego e nacional”.

Despois de que a empresa anunciara ás traballadoras e traballadores o peche desta factoría, a alcaldesa María Loureiro mantivo unha xuntanza con parte do persoal para escoitar de primeira man esta información e as súas inquedanzas ao respecto.

Posteriormente, María Loureiro púxose en contacto coa dirección da empresa para manter unha reunión e coñecer a situación real e os motivos de dito peche.

Nesta xuntanza, que se celebrou por videoconferencia o pasado 3 de xuño, a empresa comunicou os motivos deste peche en Celeiro, que basean na concentración de toda a fabricación na factoría de Salvaterra, por cuestións de sostenibilidade e mobilidade.

Ademais, informaron do seu ofrecemento para trasladar a todo o persoal a Salvaterra de Miño, manifestando por parte do Concello de Viveiro o seu desacordo con esta mobilidade, xa que os traballadores e traballadoras teñen aquí a súa vida, coas correspondentes cargas familiares.

O Concello de Viveiro púxose en contacto por este asunto co director xeral de Pesca, Antonio Basanta, estando neste momento pendente de concretar a data para manter unha reunión, na que por parte do goberno municipal se lle trasladará a súa preocupación ante este peche e solicitará “a súa colaboración e apoio para manter aberta a fabricación de Conservas Albo en Viveiro”.

Por parte do concello, bríndaselles ás traballadoras e traballadores todo o apoio e facilidades, dentro das propias competencias, para intentar que Conservas Albo reconsidere a súa decisión e, finalmente, poida garantirse o mantemento dos postos de traballo, ao tempo que se continuará esixindo á Xunta de Galicia a creación dun Plan de Industrialización para Viveiro e a comarca.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...