O BNG de Viveiro presenta unha solicitude ao Concello sobre a información relativa ao ensanche Campo de Verdes

Os nacionalistas engaden que "tamén a veciñanza da Misericordia está nunha situación moi semellante agardando por respostas e accións da alcaldía."

Viveiro. CONCELLO DE VIVEIRO

O BNG de Viveiro rexistrou ante o Concello un documento solicitando que se comparta “na maior brevidade toda a documentación existente relacionada co ensanche no camiño de Campo de verdes, tales como acordos coas persoas propietarias do muro e documentación intercambiada con Augas de Galicia”. O grupo nacionalista sinala que esta acción responde á súa petición para solucionar o problema de acceso en Campo de Verdes durante o pleno do pasado 3 de xuño.

Segundo o BNG, de “existir a documentación, non se entende esta negativa nin esta opacidade”. Por outra parte, engaden que “tamén a veciñanza da Misericordia está nunha situación moi semellante agardando por respostas e accións da alcaldía.

Os nacionalistas lembran que durante o último pleno, celebrado o pasado 3 de xuño, a alcaldesa María Loureiro, respondeu que sen ter o PXOM aprobado, non se pode realizar ningunha obra en Campo de Verdes.

Segundo declara o BNG, a estreitez do vial de Campo de Verdes impide servizos básicos e vitais á veciñanza, unha cuestión “preocupante cando estamos a falar de que nin bombeiros nin ambulancias medicalizadas poden acudir ao lugar”. A isto engadiro que si é posible “o retranqueo do muro e o ensanche desta estrada solicitando unha modificación puntual das normas ubanísticas, as cales permitirían ensanchar e actuar sen o PXOM aprobado.”

A resposta da alcaldesa de Viveiro, segundo o BNG, foi que “estamos pendentes dos informes favorables de Augas de Galicia para poder facer o retranqueo do muro”. A continuación o grupo municipal do Bloque pediu que se compartise a documentación sobre este punto.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here