A alcaldesa de Viveiro recibe o libro “A Super-Acción de Mauricio” a Asociación Saúde Mental “A Mariña”

A Asociación Saúde Mental A Mariña conta cun centro na vila de Viveiro, destinado á rehabilitación psicosocial e laboral, que abriu as súas portas este ano. Ademais, o Concello de Viveiro ten previsto firmar axiña un convenio de colaboración coa entidade.


A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, recibiu hoxe a representantes da Asociación Saúde Mental A Mariña. O grupo entregoulle á rexedora un exemplar do libro “A Super_Acción de Mauricio”, elaborado pola propia asociación e dirixido á infancia.

O libro busca que o lector ou lectora coñeza a realidade das persoas que sofren algún tipo de enfermidade mental, co obxectivo de sensibilizar sobre este tipo de doenzas e eliminar os estigmas existentes sobre este colectivo.

A Asociación Saúde Mental A Mariña conta cun centro na vila de Viveiro, destinado á rehabilitación psicosocial e laboral, que abriu as súas portas este ano. Ademais, o Concello de Viveiro ten previsto firmar axiña un convenio de colaboración coa entidade.

“Esta asociación realiza un labor fundamental na comarca, reivindicando á saúde mental e apoiando aos doentes e ás súas familias. Por iso, dende o Concello seguiremos comprometidos co seu esforzo respecto ás enfermidades mentais, que a miúdo carecen de tanta visibilidade”, explica María Loureiro.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here