O Concello de Viveiro informa que, con motivo da celebración do XIII Mercado Renacentista, se instalaron varios baños portátiles nos Xardíns Noriega Varela. Ademais, abriranse os aseos do Templete da Música, para que poidan ser utilizados por persoas con mobilidade reducida. Estes servizos estarán habilitados dende hoxe, venres 8, e ata o domingo 10 de xullo.
Doutra banda, algúns establecementos de hostalería que celebran comidas cun número considerable de comensais tamén instalarán baños portátiles. Dende o Concello indícase que haberá polo tanto aseos suficientes para manter Viveiro limpo.
Viveiro retoma estes días o seu tradicional Mercado Renacentista, despois de dous anos de parón por mor da pandemia. A cita conta cunha ampla oferta de actividades para todas as idades e gustos, polo que se agarda que sexan moitos os veciños e veciñas e visitantes que nestes días se acheguen a disfrutar desta histórica cita.