InicioOccidentalViveiroLara Fernández: "O Desembarco de Carlos V consolidouse como unha cita ineludible"

Lara Fernández: “O Desembarco de Carlos V consolidouse como unha cita ineludible”

Lara Fernández é a concelleira de Cultura en Viveiro. Con ela falamos do XIII Mercado Renacentista de Viveiro que logo dos anos de pandemia recuperou forza segundo as cifras provisorias coas que contan desde a organización. Desde o xoves 7 ao 10 de xullo, Viveiro rememorará a creación da Porta de Carlos V e tamén as vellas historias da época renacentista.

Publicada o

- Advertisement -

-Logo de trece edicións cales serían as experiencias máis destacables do Mercado Renacentista de Viveiro?

A edición de 2019 foi un éxito de visitantes. O Desembarco consolidouse como unha cita ineludible tanto para a veciñanza de Viveiro como para a xente de fóra. Consolidouse como un reclamo dentro desta cita tan importante para o Concello, pois logo do Resurrection, é unha das nosas grandes citas do verán.

-Como se reconstruíron os pasos da chegada de Carlos V?

O certo é que Carlos V non estivo en Viveiro. A súa relación con Viveiro foi a distancia. Sempre falamos con historiadores como Carlos Nuevo, cronista oficial do concello, Suso Martínez, que nos axudou moito nesta cita. O certo foi que a vila sufrira un incendio e o rei perdoara o cobro de impostos para poder reconstruír o lugar. En contraprestación ao xesto do monarca foi construír a Porta de Carlos V. Digamos que Viveiro estivo polo menos nos pensamentos do rei.

-Investigouse como era a vida das e dos viveirenses naquel tempo?

Si e foi grazas a Carlos Nuevo e Suso Martínez, como xa dixen. Por outra parte, recolleuse moita información sobre as catro grandes liñaxes familiares de Viveiro. Hai apelidos como Vizoso, que aínda hai persoas con el na vila e os outros tres eran Páez de Cora, Gallo e Alfeirán. Cada ano colocábase na praza unha figura representativa dunha desas familias que rexería durante ese ano a vila. A casa desde onde se facía a aclamación como rexedor agora é unha farmacia na praza maior de Viveiro.

O certo é que Carlos V non estivo en Viveiro. A súa relación con Viveiro foi a distancia.

-Cales foron os primeiros pasos para organizar o Mercado Renacentista?

O Mercado Renacentista naceu grazas á iniciativa de Cachi Coral, daquela concelleira polo PSOE, que deu este paso. A primeira vez organizárase unha cea nos claustros de San Francisco, e a partir de aí deu paso ás comidas que se fan no casco de Viveiro.

-Dentro deste mercado fanse vendas de produtos e cales son os máis demandados?

Os postos con máis éxisto son os xoguetes de madeira para nenos, un posto de coroas para o pelo, un posto de froitas en almibre e as gominolas xigantes. No centro de Viveiro hai un posto de bolos preñados que se fan no momento. Despois temos o asador da praza maior cunha taberna que tamén ten moitísimo éxito. Logo está a zona infantil onde temos barcas de madeira. En xeral, o que máis se consome son aqueles produtos e actividades para nenos e nenas.

-Observades unha maior atracción deste Mercado para xente de fóra de Viveiro?

Desde hai uns anos o Mercado comeza os xoves, antes era venres, sábado e domingo. Os xoves eran como unha toma de contacto para quentar motores, mais este pasado xoves xa había moita xente, como se fose xa mercado. E segundo a lista de reservas que observamos, o Mercado de 2022 será multitudinario, sobre todo, se o tempo acompaña. A previsión para este sábado é de 2.000 persoas comendo na rúa e logo a xente que vén mais non reserva para comer mais si anda polos postos e a hostalaría de Viveiro.

Os postos con máis éxisto son os xoguetes de madeira para nenos, un posto de coroas para o pelo, un posto de froitas en almibre e as gominolas xigantes

-A hostalaría é a grande beneficiaria deste Mercado?

Nós esperamos e desexamos que si. Todo canto organizamos desde o Concello é para beneficio de veciños e veciñas e do comercio local. Esperamos que esta cita deixe economicamente unha boa pegada. Entedemos que as persoas non só fan gasto no Mercado senón tamén na hostalaría viveirense e para iso o facemos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...