Viveiro fai un balance moi positivo da Festa da Merluza de Celeiro con máis de 2.000 racións repartidas

“Quero agradecer o traballo da Asociación Cultural e Deportiva Penalba e poñer en valor o traballo dos voluntarios e voluntarias, xa que este ano houbo moito xente na festa”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.


O Concello de Viveiro realiza un balance moi satisfactorio da XXIII Festa da Merluza de Celeiro, que se celebrou o sábado pola noite na carpa instalada ao carón da piscina municipal.

Centos de persoas puideron saborear máis de 2.000 racións das oito elaboracións diferentes coas que se prepararon os 800 quilos de merluza doados por Puerto de Celeiro.

“Quero agradecer o traballo da Asociación Cultural e Deportiva Penalba e poñer en valor o traballo dos voluntarios e voluntarias, xa que este ano houbo moito xente na festa”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Para que todo fose un éxito, ademáis da organización da Asociacion Penalba hai que destacar a colaboración da Cofradía de Pescadores, Puerto de Celeiro, Deputación Provincial e Concello de Viveiro.

Debido a unhas obras no lugar onde tradicionalmente se celebra a festa, o Concello de Viveiro asumiu facerse cargo este ano dunha carpa de grandes dimensións nas inmediacións da piscina municipal.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here