InicioOccidentalViveiroViveiro entra nun programa especial para implantar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

Viveiro entra nun programa especial para implantar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

Posteriormente, haberá unha fase de elaboración do Plan Municipal de Implementación dos ODS, con accións concretas para a súa posta en marcha durante tres anos.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro adheriuse a un programa para implantar no municipio de forma progresiva os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

Como primeiro paso, a entidade encargada do desenvolvemento do programa puxo en marcha unha enquisa de participación pública para coñecer a opinión dos veciños e veciñas de Viveiro sobre diversos aspectos relacionados co desenvolvemento do municipio. Pódese participar aquí: https://forms.office.com/r/iheDF16Q7X

Posteriormente, haberá unha fase de elaboración do Plan Municipal de Implementación dos ODS, con accións concretas para a súa posta en marcha durante tres anos.

O concello disporá dunha ferramenta para o seguimento do plan e a medición do impacto, establecendo indicadores concretos para cada un dos 17 ODS. A Axenda 2030 está concebida como unha estratexia global para traballar conxuntamente a través dos 17 obxectivos (os 17 ODS) no camiño do desenvolvemento sostible.

Mais, a pesar de ter esa ambición global, trátase en esencia dunha axenda centrada na actuación local, empregando as institucións mais próximas á sociedade para poder executar accións que teñan un impacto directo no día a día das persoas e a contorna.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...