InicioOccidentalViveiroO Festival Ether de música electrónica fará vibrar a todo Viveiro este...

O Festival Ether de música electrónica fará vibrar a todo Viveiro este sábado

“Dentro da nosa programación cultural, variada e para todas as idades, chega agora a quenda do festival Ether, xa unha referencia para os afeccionados á música electrónica”, afirma a alcaldesa María Loureiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro acolle este sábado a quinta edición do festival de música electrónica Ether nos Xardíns Noriega Varela.

O evento foi presentado este mércores pola alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, e os organizadores do festival, que convertirá ao concello este sábado na capital da música electrónica en Galicia.

“Dentro da nosa programación cultural, variada e para todas as idades, chega agora a quenda do festival Ether, xa unha referencia para os afeccionados á música electrónica”, afirma a alcaldesa.

Na edición deste ano se aposta por un cartel moi completo en canto a artistas e variedade de estilos. A oferta divídese en dous partes: Etherkids, con obradoiros e actividades para nenos os días previos ao festival, e a propia xornada do sábado.

O festival comezará coa sesión vermú, que conectará co resto das actuacións con presenza de artistas nacionais e internacionais de Techno, House e Disco.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...