IniciosociedadeO Concello de Viveiro coordina a seguridade da Romaría do Naseiro

O Concello de Viveiro coordina a seguridade da Romaría do Naseiro

Habilitarase un punto lila e contarase cunha ambulancia durante toda a xornada.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro celebrou este martes a reunión de seguridade con motivo da celebración da Romaría do Naseiro, que comeza o venres e que se estenderá ata o próximo martes 30 de agosto. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o primeiro tenente de alcaldesa, Jesús Fernández, reuníronse coa organización, Protección Civil, así como cos Corpos e Forzas de Seguridade.

Na reunión tratáronse as distintas medidas a adoptar en materia de seguridade de cara á celebración do evento. Entre outros aspectos, valorouse o reparto de efectivos nos distintos puntos da romaría, un aspecto coordinado co vixilancia do resto do municipio. Como novidade, alén dos aseos xa existentes, instalaranse 12 novos baños para a ocasión.

Ademais, grazas á xestión do Concello de Viveiro coa Cruz Vermella, unha ambulancia estará presente durante a celebración. Tamén se habilitará un punto lila, para sensibilizar sobre as agresións sexuais. O Concello confirma ademais que haberá servizo de recollida de enseres, de grúa, e unha dotación de bombeiros na zona de forma continuada, tal e como asegurou que está a tramitarse.

Dende o Concello de Viveiro, quen colabora ademais coa organización economicamente, agradece o esforzo da Comisión de Festas nesta celebración, que reúne milleiros de persoas na vila. Ademais, o goberno local traslada o seu agradecemento ás Forzas e Corpos de Seguridade, así como a Protección Civil, que velarán nestes días pola seguridade da cidadanía.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...