IniciosociedadeA Xunta renova a iluminación portuaria de Viveiro e Celeiro

A Xunta renova a iluminación portuaria de Viveiro e Celeiro

Instala equipos de tecnoloxía led de altas prestacións.

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería do Mar, a tavés de Portos de Galicia, renovará a iluminación portuaria do municipio de Viveiro con máis de medio centenar de equipamentos, luminarias, proxectores e software de telexestión.

Así llo trasladou este martes a presidenta do ente público, Susana Lenguas, aos representantes da confraría de pescadores de Celeiro nunha reunión de traballo na súa sede, na que subliñou que esta actuación mellorará as condicións de iluminación e eficiencia enerxética, procurando reducir a contaminación lumínica.

Con este obxectivo, implantarase tecnoloxía led con equipos de altas prestacións deseñados especialmente para traballar en espazos portuarios pola súa durabilidade en ambientes mariños e condicións climáticas adversas. Ademais, incrementarase a protección contra sobretensións e implantarase unha capa tecnolóxica para o telecontrol da iluminación.

Esta actuación, orzada en 120.000 euros, inclúese nun contrato conxunto de 3,8 millóns de euros que Portos de Galicia ten en licitación para unha trintena de dársenas autonómicas co obxectivo de dotar de sistemas de iluminación exterior sustentable ao conxunto do sistema portuario autonómico.

No porto de Viveiro actuarase sobre 54 luminarias e proxectores para a súa renovación, incluíndo a retirada das instalacións existentes, o cambio polos novos equipos led e a dotación de sistemas de telegestión. Portos implementará este proxecto tamén nas dársenas de Ribadeo e Burela coa finalidade de mellorar a calidade luminosa dos portos e contribuír ao aforro enerxético.

SUBSTITUCIÓN DE PAVIMENTOS

Susana Lenguas informou tamén durante a súa visita a Viveiro de que o ente público ten en licitación outro contrato de gran envergadura para a renovación de firmes e pavimentos esgotados no conxunto dos portos autonómicos.

Neste caso investiranse máis de 125.000 euros nos portos de Viveiro e Celeiro. En Celeiro actuarase sobre o total da vía interior que do acceso á lonxa, mentres que en Viveiro se mellorarán diversas zonas da chaira portuaria.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...