IniciosociedadeAberto o prazo de inscrición para os cursos infantís de natación en...

Aberto o prazo de inscrición para os cursos infantís de natación en Viveiro

Será preciso facer unha proba de nivel para asignar cada crianza no grupo correspondente.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa do comezo dos prazos de inscrición para os cursos infantís de natación durante o curso escolar 2022/23 na piscina municipal. ‘Natación infantil’ ofértase para crianzas nadas entre 2017 e 2018, mentres que ‘Natación nenos’ se dirixe ás nadas entre 2009 e 2016. As escolas, pola súa banda, ofertaranse para os nados entre 2016 e 2007.

A preinscrición ao comezo do curso farase de maneira presencial ou telefónica, e posteriormente sortearanse as prazas. Cada neno ou nena poderase preanotar nun único grupo e asignaráselle un número no momento da preinscrición. Será preciso facer unha proba de nivel co fin de asignar cada alumno no grupo correspondente.

Para o primer trimestre do curso, o prazo de preinscrición é do 5 o 22 de setembro e o sorteo farase o dia 23 de setembro. A data de comezo do terceiro trimestre será o 3 de outubro e as clases finalizarán o 22 de decembro. As crianzas que gañen unha praza no seu grupo quedarán automaticamente inscritas, e de non estar finalmente interesadas, deberán comunicalo no prazo de dous días.

O sorteo será aberto ao publico, farase na piscina municipal as 11.00 horas do día 23 de setembro. O resultado será publicado no tablón da piscina municipal e nas redes sociais da Concellería de Deportes de Viveiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...