O BNG de Viveiro denuncia o mal estado do Pazo Grallal, na parroquia de Covas. Por parte da fronte nacionalista, sinálase o estado de “desleixo” por parte do Concello cara esta edificación.
Segundo os nacionalistas son varias as pegadas de deterioro nesta construción. Entre outras, o busto do creador “está tapado polas herbas, a porta enferruxada e falta unha bola decorativa do arco de pedra na entrada”.
Para o BNG viveirense o propietario actual, “segundo parece un coñecido empresario e mecenas de Madrid”, non mostra preocupación polo inmoble. Por iso piden ao Concello que cuestione ao propietario sobre o edificio e se vai corrixir o seu estado actual.