IniciosociedadePremio á Excelencia para a Festa da Merluza do Pincho de Celeiro

Premio á Excelencia para a Festa da Merluza do Pincho de Celeiro

“Este premio confirma de novo a relevancia da Festa da Merluza do Pincho de Celeiro, consolidada como un atractivo turístico e gastronómico a nivel galego”, sinala a alcaldesa María Loureiro.

Publicada o

- Advertisement -

A Festa da Merluza do Pincho de Celeiro recibiu o premio á excelencia do turismo e á gastronomía da provincia ‘…E para comer, Lugo’. O galardón será entregado pola Deputación de Lugo nunha gala o próximo 27 de setembro, Día Mundial do Turismo.

A candidatura foi presentada polo Concello de Viveiro co obxectivo de aumentar o recoñecemento deste encontro culinario. “Este premio confirma de novo a relevancia da Festa da Merluza do Pincho de Celeiro, consolidada como un atractivo turístico e gastronómico a nivel galego”, sinala a alcaldesa María Loureiro. O propio Concello colabora coa organización desta festa culinaria.

A Festa da Merluza do Pincho de Celeiro pon en valor a este produto, pescado artesanalmente polos barcos locais. Durante a celebración, prepáranse uns 800 kg de peixe que se degustan en distintas elaboracións.

Agradecemos o esforzo dos veciños e veciñas, especialmente de Celeiro, e das entidades que colaboran nesta festa cada ano, en especial á ACD Penalba de Celeiro, impulsora da festa, cuxo traballo permite obter este tipo de recoñecementos”, destaca a rexedora viveirense.

O premio ‘..E para comer, Lugo’ cumpre xa a súa terceira edición e conta con outras dúas categorías: “Lugo Cambia”, ao turismo lucense e “Turismo Sostible”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...