InicioCulturaViveiro colabora con Ourol organizando unha ruta enmarcada no Camiño Nordés que...

Viveiro colabora con Ourol organizando unha ruta enmarcada no Camiño Nordés que se celebrará en setembro

Esta cita é a cuarta ruta organizada do Camiño Nordés, entre Viveiro e Vilalba. A ruta de 12 km será a última etapa desta iniciativa, que reivindica o antigo Camiño Real entre ambas localidades.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa da ruta organizada entre a vila e Ourol, enmarcada no Camiño Nordés, que se celebra o próximo 17 de setembro.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o tenente de alcaldesa, Jesús Fernández, reuníronse hoxe co representante da organización “Asociación Camiño Real’, Antonio Pereiras Penabad, para ultimar os detalles.

Esta cita é a cuarta ruta organizada do Camiño Nordés, entre Viveiro e Vilalba. A ruta de 12 km será a última etapa desta iniciativa, que reivindica o antigo Camiño Real entre ambas localidades. Haberá dúas modalidades para realizar esta etapa: cabaleiros e viandantes.

A saída será ás 10.00 na avenida de Ferrol, en Viveiro, onde habitualmente se coloca o mercado. Os viandantes percorrerán a Rúa Nova ata o paseo fluvial, onde continuarán o seu camiño ata Ourol. Mentres que os cabaleiros percorrerán o treito ata o paseo pola estrada, para continuar logo co resto da ruta.

O Concello de Viveiro colabora con esta iniciativa facilitando un autobús que sairá do Concello de Ourol ás 9:30. Deste modo, aquelas persoas que queiran deixar o seu vehículo en Ourol, volverán a Viveiro en autocar para a saída.

Ademais, ese mesmo día organizarase un xantar campestre en San Antonio da Xestosa (Muras). As persoas interesadas tanto en participar na andaina como no xantar deberán anotarse no Concello de Viveiro en horario de 9:00 a 14:00, facilitando os seus datos. O prazo de inscrición finaliza o 15 de setembro.

Por último, o Concello de Viveiro informa que instalará unha placa conmemorativa desta ruta no pasadizo entre o aparcadoiro da avenida de Ferrol.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...