InicioPolíticaO Concello de Viveiro responde ao BNG, as torres de iluminación de...

O Concello de Viveiro responde ao BNG, as torres de iluminación de Lavandeiras son municipais

O Concello declara que para o festival Resurrection Fest a organización contrata un cadro para ter a potencia necesaria.

Publicada o

- Advertisement -

O goberno municipal de Viveiro enviu este xoves unha nota coa que “quere aclarar, a raíz das declaracións realizadas pola voceira do BNG en relación coa súa proposta á organización do Resurrection Fest, que as torretas de iluminación do campo de Lavandeiras pertencen ao Concello de Viveiro”. A instalación foi parte dos traballos realizados nos últimos anos na zona de Lavandeiras, “permanecendo instaladas ao longo de todo o ano”.

Por outra parte, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o Concello de Viveiro están negociando un convenio para realizar diversas actuacións de mellora no Campo de Lavandeiras. Os traballos incluirán unha dotación de vestiarios e banquillos, así como traballos para garantir o abastecemento eléctrico en todo o campo para a súa actividade deportiva habitual.

O Concello sinala sobre isto último que “é unha cuestión que a voceira do BNG debería coñecer, tendo en conta que estaba presente na reunión que este concello mantivo co Deputado Provincial de Deportes”.

Desta maneira, o Concello sinala que o Campo de Lavandeiras conta coa infraestrutura básica (torretas de iluminación, canalización, ente outras facilidades), “estando simplemente pendente da súa adaptación e alta para as actividades deportivas”.

Segundo o goberno local, o  único que fai a organización do Resurrection Fest é contratar e instalar para eses días o cadro eléctrico coa potencia que necesitan para un festival destas características.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...