InicioOccidentalViveiroCarreiras de cabalos esta fin de semana en Viveiro no campo de...

Carreiras de cabalos esta fin de semana en Viveiro no campo de fútbol de Celeiro

Tras o peche das inscricións na competición, 250 cabalos participarán nesta edición das Carreiras de Cabalos.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro presentou hoxe a 3ª Edición das Carreiras de Cabalos “Cidade de Viveiro”, que terá lugar esta fin de semana, os días 10 e 11 de setembro, no Campo de Fútbol de Celeiro. A alcaldesa, María Loureiro, acompañou aos organizadores, da Asociación de Cabaleiros do Landro, na presentación deste evento.

Tras o peche das inscricións na competición, 250 cabalos participarán nesta edición das Carreiras de Cabalos. “Un ano máis, dende o Concello de Viveiro colaboramos con esta cita, que posiciona a nosa vila, e Celeiro en concreto, como un punto de interese turístico e deportivo”, subliñou a alcaldesa María Loureiro.

A xornada do sábado comezará ás 10:00 coa Final do Campionato Galego de Andadura Individual, mentres que pola tarde se celebrará o Campionato Galego de Andadura por equipos.

O domingo, a xornada comezará ás 09:00 coa apertura do recinto e a exposición da maquinaria. A continuación, celebraranse as distintas competicións por categorías, que inclúen andadura libre serrada e chapeada, galope, así como carreiras de pura raza árabe nacional e galega. Nas diferentes categorías repartiranse premios de ata 400 euros, así como trofeos aos tres primeiros clasificados e medalla para o cuarto.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...