InicioOccidentalViveiroViveiro comeza a renovación do alumeado público de Salto Albites e arranxo...

Viveiro comeza a renovación do alumeado público de Salto Albites e arranxo de camiños rurais

Os investimentos realizados suman case 200.000 euros.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa do inicio das obras que se van realizar no alumeado público de Santo Albites e das actuacións de mellora en diversos camiños municipais.

Esta mellora no alumeado público beneficiará a practicamente toda a zona de Santo Albites. O orzamento desta actuación ascende a 92.755 euros e inclúese na subvención do Fondo de Compensación Ambiental.

Esta obra implica un importante reforzo e mellora da eficiencia enerxética desta zona, coa conseguinte mellora lumínica e aforro enerxético.

Tamén comezaron as obras de mellora de varios viais de Covas e Vieiro, incluídas dentro da subvención do Agader. Trátase en concreto da pista da Pedreira e da pista Pedreira-Foro, na parroquia de Covas, e das pistas Chousa Vella e da Cova, en Vieiro.

As obras que se pretenden realizar nestes camiños consisten na mellora do firme existente, ademais da limpeza de cunetas, obras de barrido e limpeza previos do vial, sinalización, etc. O orzamento ascende a 84.502,62 euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...