InicioOccidentalViveiroA Plataforma Sanitaria da Mariña denuncia o caos no Centro de Saúde...

A Plataforma Sanitaria da Mariña denuncia o caos no Centro de Saúde de Viveiro ante a falta de médicos

En total tres médicas para os 16.000 habitantes de Viveiro máis as persoas desprazadas.

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma Sanitaria da Mariña recolleu este martes a sinaturas no Centro de Saúde de Viveiro. O motivo é a recollida de apoios para a ILP de medidas urxentes que permitan recuperar e fortalecer a Atención Primaria. Entre os asinantes estaba o persoal do propio centro.

“A situación en Viveiro este martes seguía a ser caótica” sinalan desde a Plataforma. Así, informaban que só había dúas médicas na quenda de maña, dun total de sete, e unha facultativa na quenda de tarde das tres que deberían estar. En total tres médicas para 16.000 habitantes de Viveiro máis as persoas desprazadas. O servizo de pediatría tamén é deficitario, funcionando só ao cincuenta por cento.

A Plataforma Sanitaria desprazarase mañá ao centro de saúde de Barreiros, onde levan días cunha soa médica dos tres que conforman a dotación. O dispositivo móbil recabará sinaturas desde as 10:30 horas ate as 12:30horas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...