A Marcha Cicloturista de Viveiro transcorrerá desde a Praza Maior até o Monte San Roque

Está prevista a asistencia duns 200 participantes, que deberán ser maiores de 16 anos.


O Concello de Viveiro acolle este sábado día 17 de setembro, a súa XXXIV Marcha Cicloturista. Trátase dunha proba non competitiva, que sairá da praza Maior ás 15.00 horas e finalizará no Monte San Roque, previsiblemente ás 19:00 horas.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, estivo esta tarde con membros da Peña Ciclista Lar Viveiro presentando a marcha. É unha proba inscrita no Calendario Oficial da Federacion Galega de Ciclismo. Está prevista a asistencia duns 200 participantes, que deberán ser maiores de 16 anos.

“Quero agradecer o traballo da peña Lar Viveiro, organizando unha marcha que transcorre por estradas dos concellos de Viveiro, Xove, Cervo, O Valadouro e Ourol, combinando deporte e natureza”, explicou Loureiro.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here