Viveiro estrea un servizo para recoller roupa usada grazas a contedores en diferentes puntos do concello

Con este novo servizo, o Concello de Viveiro busca avanzar dunha economía lineal a un modelo circular.


O Concello de Viveiro informa da implantación do servizo de recollida selectiva de roupa usada e outros residuos téxtiles no municipio. Segundo sinalan desde o Concello, “o fomento de actuacións que melloren a xestión do medio ambiente no municipio é un obxectivo primordial”. Entre estas actuacións, inclúese a recollida de residuos susceptibles de valoración, cuxa xestión non diferenciada pode ser causa de prexuízo para o medio ambiente.

Con este novo servizo, o Concello de Viveiro busca avanzar dunha economía lineal a un modelo circular. Neste tipo de esquemas, redúcese o consumo de recursos naturais, aproveitando os residuos e permitindo o peche do ciclo de vida dos produtos e servizos.

Ademais, esta medida adianta ao Concello de Viveiro na obrigatoriedade imposta pola Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular. Esta nova norma obrigará a que as entidades locais establezan a recollida separada de téxtil antes do 31 de decembro de 2024. Porén, o Concello de Viveiro contará xa con este sistema instalado.

Os elementos depositados nos contedores pasarán por varios procesos de clasificación. Así, separarase a roupa susceptible de ser reutilizada en mercados internacionais de segunda man con poder adquisitivo baixo, da que non se poda usar, que se destinará a materia prima para a produción de panos de limpeza.

Finalmente, a roupa de mais baixa calidade que se destinará á recuperación da fibra para a obtención de fío para mantas ou ben para a produción de recheos.

Os trece colectores localízanse en:

-Senda de San Lorenzo 17

-Suasbarras 1

-C/Luis Cebreiro

-Avda.Ferrol 41

-C/Villafranca del Bierzo/Avd. Ferrol

– Lodeiro 26

-Praza de Lugo

-Av. Cantarrana 11

-C/Benito Galcerán

-C/Santiago

-C/Lugar O Cruceiro

-C/Verxeles -LU-540 (Abanca)

-Punto Limpo

Para realizar este proxecto, o Concello de Viveiro adheriuse ao servizo de recollida de roupa usada posto en marcha pola Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here