InicioOccidentalViveiroConcello de Viveiro e Asociación Saúde Mental A Mariña asinan un...

Concello de Viveiro e Asociación Saúde Mental A Mariña asinan un convenio de colaboración por 6.000 euros

O apoio do Concello de Viveiro ao tecido asociativo esténdese a máis entidades, deste modo, recentemente o goberno local asinou un convenio de subvención coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, asinou este mércores o convenio de subvención nominativa entre o Concello e a Asociación Saúde Mental A Mariña, xunto ao seu presidente, Jorge Machado, e a directora técnica xeral, María José Novoa Rodríguez.

Grazas a este acordo, o goberno local subvenciona con 6.000 euros a actividade desta asociación. Na sinatura do acordo tamén estivo presente a concelleira de Benestar Social, Victoria Baamonde.

A alcaldesa aproveitou a ocasión para poñer en valor o traballo desta asociación, “sensibilizando sobre a saúde mental e brindando apoio aos doentes da nosa comarca, así como ás súas familias”.

Neste sentido, a rexedora recordou que a asociación abriu recentemente un centro para a rehabilitación psicosocial e laboral en Viveiro. “Un esforzo que se suma ós labores de visibilización, como a edición do libro A Super_Acción de Mauricio, dirixido á infancia”, engadiu Loureiro.

“A sinatura deste convenio permítenos seguir reforzando a nosa colaboración con esta entidade. Como goberno local temos un compromiso claro con estas iniciativas, polo impacto positivo que reportan na cidadanía”, finaliza a rexedora.

O apoio do Concello de Viveiro ao tecido asociativo esténdese a máis entidades, deste modo, recentemente o goberno local asinou un convenio de subvención coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...