InicioOccidentalViveiroViveiro xa ten aberto o prazo de preinscrición para a piscina municipal...

Viveiro xa ten aberto o prazo de preinscrición para a piscina municipal e participar nas súas actividades

O prazo de solicitude estará aberto ata o próximo 28 de setembro, incluída esa xornada. En caso de superar as prazas ofertadas, realizarase o sorteo o día 29 de setembro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro recorda aos veciños e veciñas que dende hoxe, 21 de setembro, está aberta a preinscrición ás actividades ofertadas na piscina municipal dirixidas a adultos.

Dunha banda, ofrécense as seguintes actividades de sala: ciclo indoor (martes e xoves, 20.15-21.00), pilates (luns e mércores, 19.30-21.15), TRX (martes e xoves, 20.15-21.00), intervalos (luns e mércores, 20.15-21.00) e ximnasia de mantemento (luns, mércores e venres, 11.15-12.00).

Doutra banda, para os cursos de natación ofértanse os seguintes grupos: iniciación (luns, mércores e venres 10.30-11.15), medio (martes e xoves 10.30-11.15; luns e mércores 21.00-21.45), avanzado (martes e xoves, 21.00-21.45) e bebés (venres 12.00-12.45).

As persoas interesadas poden informarse e realizar a súa preinscrición na recepción da piscina municipal ou no teléfono 982570610. O prazo de solicitude estará aberto ata o próximo 28 de setembro, incluída esa xornada. En caso de superar as prazas ofertadas, realizarase o sorteo o día 29 de setembro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...