InicioOccidentalViveiroO Concello convida á cidadanía viveirense a sumarse aos proxectos sociais de...

O Concello convida á cidadanía viveirense a sumarse aos proxectos sociais de voluntariado

“As persoas voluntarias poderán integrarse en catro proxectos distintos, centrados na educación, o acompañamento social e o reparto de alimentos, todos eles dirixidos a colectivos desfavorecidos”, sinala Victoria Baamonde, concelleira de Benestar Social.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro, a través da Concellería de Benestar Social, pide á colaboración dos veciños e veciñas para sumarse como voluntarios en distintos proxectos promovidos dende a Oficina Municipal de Voluntariado.

“As persoas voluntarias poderán integrarse en catro proxectos distintos, centrados na educación, o acompañamento social e o reparto de alimentos, todos eles dirixidos a colectivos desfavorecidos”, sinala Victoria Baamonde, concelleira de Benestar Social, quen destaca o “importante esforzo que realiza a Oficina de Voluntario nestes proxectos”.

A primeira iniciativa, o “Proxecto de Apoio Educativo a Menores” consiste en facilitar axuda escolar a nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos durante o curso escolar.

Doutra banda, o “Proxecto de Alfabetización de Adultos”, busca que a formación básica sexa un instrumento para a normalización e inclusión dos colectivos desfavorecidos, cunha actuación dirixida ás persoas cun baixo nivel formativo.

“Nestes dous proxectos precisamos a colaboración de persoal voluntario que teña formación na área educativa e/ou social”, sinala Mar Lago, técnica da Oficina de Voluntariado e coordinadora desta iniciativa.

Tamén se desenvolverá un “Proxecto de Acompañamento Social”, que precisa de persoal para as seguintes actividades: paseo, acompañamento de citas médicas (hospitais, centros de saúde…). Para este proxecto, as persoas voluntarias deben posuír carnet de conducir. Por último, impulsarase un “Proxecto de Reparto de Alimentos Perecedoiros” que consiste na recepción e distribución de alimentos entre as familias máis vulnerables.

As persoas interesadas en colaborar con estas iniciativas sociais deben chamar ao Centro de Servizos Sociais, en horario de 9.00 a 14.00, ao teléfono 982550421.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...