InicioOccidentalViveiroViveiro terá stand propio na Feira Internacional de Turismo Termal, Termatalia

Viveiro terá stand propio na Feira Internacional de Turismo Termal, Termatalia

En Termatalia, posicionada como a principal feria de turismo de saúde, participan 25 países. O concello manterá reunións de traballo con touroperadores de Estados Unidos, Francia, Italia, Alemania, Portugal, Irlanda e Inglaterra.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro continúa co seu programa de promoción turística, co obxectivo de desestacionalizar a chegada de visitantes grazas aos seus atractivos de paisaxe, descanso, gastronomía e patrimonio cultural e natural.

Dentro de esa aposta, o concello participará por primeira vez cun stand propio en Termatalia, a Feira Internacional do Turismo Termal, Saúde e Benestar, que se celebra en Ourense os días 29 e 30 de setembro.

“Dentro da variedade de turistas que chegan a Viveiro, son moitos os que buscan tranquilidade, descanso e un lugar no que desconectar, por iso temos que aproveitar e impulsar o que Viveiro pode ofrecerlles”, explica Marisol Rey, concelleira de Turismo de Viveiro.

En Termatalia, posicionada como a principal feria de turismo de saúde, participan 25 países. O concello manterá reunións de traballo con touroperadores de Estados Unidos, Francia, Italia, Alemania, Portugal, Irlanda e Inglaterra.

“Hai tempo que o turismo xa non é algo só do verán, a xente viaxa todo o ano e busca experiencias que en Viveiro pode atopar, en contacto coa natureza, facendo sendeirismo e descubrindo o noso patrimonio”, afirma a alcaldesa, María Loureiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...