InicioOccidentalViveiroViveiro recolle o premio "Q" que recoñece a calidade das praias de...

Viveiro recolle o premio “Q” que recoñece a calidade das praias de Covas e Area

No acto de entrega do galardón participou a concelleira de Turismo, Marisol Rey, que destacou “a calidade dos distintos areais existentes no noso municipio, o turismo de natureza e praia é un piar fundamental para nós”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro recolleu nun acto celebrado en Santiago a Q de Calidade das praias de Area e Covas, un distintivo de recoñecido prestixio que avala a calidade das súas augas e os servizos prestados.

A praia de Area ten unha lonxitude de 1.200 metros de area branca e de oleaxe tranquilo, con forma rectilínea e un conxunto dunar de grande interese paisaxístico.

O areal urbano de Covas, pola súa parte, conta con case 2.000 metros de lonxitude. Unha praia urbana complementada polo paseo marítimo.

No acto participou en representación do Concello de Viveiro a concelleira de Turismo, Marisol Rey, que destacou “a calidade dos distintos areais existentes no noso municipio, o turismo de natureza e praia é un piar fundamental para nós”.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...