InicioOccidentalViveiroO BNG de Viveiro pide a emisión dos plenos municipais como medida...

O BNG de Viveiro pide a emisión dos plenos municipais como medida de transparencia en xestión pública

O grupo municipal do BNG considera que o goberno local debe optimizar o mecanismo das gravacións para chegar ao máximo de persoas posible

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Viveiro reclama a emisión en directo das sesións plenarias “a través das novas tecnoloxías”. A esta petición engaden a creación dun espazo onde gardar estas gravacións para que a veciñanza poida realizar a súa visualización en calquera momento.

En xuño do 2020 comezou a subir as gravacións de plenos á plataforma Youtube. A pesar diso, o BNG sinala que son “moitas as queixas da veciñanza debido aos problemas de audio que se dan nas gravacións”. O grupo local do Bloque pediu ao consistorio viveirense que solvente estas cuestións.

Desta maneira, o grupo municipal do BNG considera que o goberno local debe optimizar o mecanismo das gravacións para chegar ao máximo de persoas posible. Para iso solicita unha serie de acordos como melloras técnicas para solventar os problemas de calidade das gravacións. Publicar nas RR.SS. do Concello de Viveiro os asuntos da orde do día dos plenos en tempo e forma. Retransmitir en directo as sesións plenarias a través dos perfís das R.R.S.S. do Concello de Viveiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...